Saltar ao contido

Placebo (grupo musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Placebo
Placebo en directo
OrixeLondres, Inglaterra
Período1994 - presente
Xénero(s)rock alternativo, post-punk revival
Selo(s) discográfico(s)Elevator Music
MembrosBrian Molko
Stefan Olsdal
Steve Forrest
Antigos membrosRobert Schultzberg
Steve Hewitt
Na rede
placeboworld.co.uk
IMDB: nm2202308 Facebook: officialplacebo Twitter: placeboworld Instagram: placeboworld VK: placebo MySpace: placebo Youtube: UC2b9IFlgcfZ_2TOW_BQTh0A Souncloud: placeboworld Spotify: 6RZUqkomCmb8zCRqc9eznB iTunes: 649817 Last fm: Placebo Musicbrainz: 847e8284-8582-4b0e-9c26-b042a4f49e57 Songkick: 324967 Discogs: 9436 Allmusic: mn0000355412 Deezer: 8 Genius: Placebo Editar o valor en Wikidata

Placebo (do latín placeo "agradar", 1ª pers. futuro) é unha banda inglesa de rock alternativo formada en 1994 por Brian Molko (guitarra e voz), Stefan Olsdal (baixo) e Robert Schultzberg (batería). Este último deixoulle o seu posto a Steve Hewitt en 1998, que á súa vez foi substituído por Steve Forrest a mediados do ano 2008.

Biografía

[editar | editar a fonte]

A banda inglesa Placebo foi formada polos amigos da infancia Brian Molko e Stefan Olsdal. A pesar do primeiro ser estadounidense e o segundo escocés, coñecéranse nun colexio en Luxemburgo, e despois dalgún tempo sen verse, volveron a atoparse en Londres en 1994. Nese mesmo ano deciden formar a banda, que se chamou inicialmente Ashtray Heart (Brian cantaba e tocaba a guitarra e Stefan o baixo). Para a batería recrutaron a Robert Schultzberg, que estaba en Inglaterra para aprender máis sobre percusión e xa coñecía a Stefan, co cal tocara nunha banda de garaxe en Escocia. Despois diso, deciden trocar o nome e chamarse Placebo, e ao final de 1995 lanzan un sinxelo chamado Bruise Pristine, polo selo independente Fierce Panda Records.

A banda comeza a chamar a atención de moita xente, lanzando algúns sinxelos máis (entre eles, "Nancy Boy", que chegou a estar no cuarto lugar do Top Five inglés) antes de lanzar o seu primeiro disco, auto-titulado, en 1996. Ese disco foi producido por Brad Wood e saíu polo selo Caroline Records. O son da banda logo se destacou por ser algo entre o punk e o pop, pero cunha certa identidade, diferenciándose de bandas como Green Day e Offspring. O son ten un forte acento alternativo, con melodías máis serias e intelixentes que as das dúas bandas citadas. Destacan cancións como "Teenage Angst", co seu refrán ultra-depresivo ("since I was born, I start to decay, now nothing ever ever goes my way"), "Bionic", que ten un riff de guitarra belísimo e unha melodía moi linda, e a apegadiza "36 degrees".

A banda pasa o resto de 1996 e gran parte de 1997 na estrada, tocando con nomes como Sex Pistols e Weezer, e ao poucos van chamando tamén a atención de varios artistas, entre eles, Michael Stipe (R.E.M.), Bono (U2) e David Bowie. Participan, inclusive, na festa do 50 aniversario de Bowie, e tocan tamén na xira Popmart de U2. En Inglaterra, o álbum gaña o disco de ouro e a banda é cada vez máis coñecida, non só polo seu son, senón tamén pola estraña imaxe do vocalista e guitarrista Brian Molko. Aínda en 1997, a banda participa na película "Velvet Goldmine", que foi producida por Michael Stipe (R.E.M.) e protagonizada por Ewan McGregor.

Without You I'm Nothing

[editar | editar a fonte]

En 1998, xa pola Virgin, lanzan un segundo álbum, chamado "Without You I'm Nothing", que foi producido por Steve Osborne. A banda xa non tiña a Robert Schultzberg, que deixara o seu lugar a Steve Hewitt. Este é un disco un pouco diferente do primeiro: amosa unha banda máis madura, con músicas máis introspectivas e climáticas, con moitas baladas e un certo toque gótico. As letras de Brian son tamén máis tristes, o que se reflicte nas súas emotivas interpretacións.

Black Market Music

[editar | editar a fonte]

O terceiro álbum, Black Market Music confirma a sonoridade do disco anterior, con toques máis introspectivos e intimistas e a mesma atmosfera gótica que se facía presente en Without You I'm Nothing. O disco non foi moi ben recibido pola crítica, principalmente en Inglaterra; a crítica americana amosou opinións divididas, con algúns considerando Black Market Music o mellor traballo de Placebo ata o momento. O grupo seguiu ao longo de 2000 e 2001 facendo concertos en todo o mundo e participando de diversos festivais.

Sleeping with Ghosts

[editar | editar a fonte]

2003 marca o lanzamento dun novo disco, Sleeping With Ghosts. Producido por Jim Abbiss, o cuarto álbum de Placebo segue máis ou menos a liña do lanzamento anterior, desta vez cunha mellor receptividade por parte dos seareiros e da crítica.

Na metade do 2004 é lanzado o DVD Soulmates Never Die - Live in Paris 2003, que recolle a banda tocando en París, coa participación especial de Frank Black. En decembro é lanzado o recompilatorio Once More with Feeling: Singles 1996-2004 (que trae dúas cancións inéditas), á parte dun DVD chamado Placebo - Once More with Feeling - Videos 1996-2004, cos seus videoclips máis coñecidos.

En setembro de 2005 Placebo rematou a gravación do seu último álbum, Meds, o cal foi lanzado o 13 de marzo do 2006. O seu produtor foi Dimitri Tokovoi, amigo do grupo que xa lles producira no pasado un par de versións, "The Ballad of Melody Nelson" e "Running Up That Hill". O disco conta ademais coa participación de dous músicos en dous temas, VV do grupo The Kills e Michael Stipe de R.E.M. Segundo Molko, o disco é un regreso ás raíces de Placebo, cun son máis próximo ao do seu primeiro disco.

Meds foi filtrado a Internet o 17 de xaneiro do 2006, case dous meses antes do seu lanzamento oficial. A compañía discográfica pensou que este feito causaría unha considerable perda de beneficiós unha vez o álbum estivese no mercado, pero en moitos países o disco estreouse relativamente ben, acadando o número 4 en Australia e o 7 no Reino Unido.

No ano 2006 Placebo cambiou de selo nos Estados Unidos pasándose a Astralwerks e reeditou varias revisións dos seus primeiros traballos. No mes de outubro o seu álbum de estrea, Placebo, foi remasterizado dixitalmente e relanzado co subtítulo "10th Anniversary Collectors Edition"; a caixa incluía tamén un DVD con vídeos musicais, concertos e aparicións en televisión. Tres temas adicionais, "UNEEDMEMORETHANINEEDU", "Lazarus" e "Running Up that Hill" foron engadidas á versión estadounidense de Meds, mentres que "In the Cold Light of Morning" foi eliminado.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Placebo 1996 Elevator Music
Without You I'm Nothing 1998 Elevator Music
Black Market Music 2000 Elevator Music
Sleeping with Ghosts 2003 Elevator Music
Meds 2006 Virgin Records
Battle for the Sun 2009 PIAS
Loud Like Love 2013 Universal Records
Never Let Me Go 2022 Elevatory Lady, Rise
Álbum Ano Selo
Live at La Cigale 2006 iTunes, 7Digital
Extended Play '07 2007 Virgin Records
Exclusive Session 2007 Virgin Records
iTunes Live: London Festival '09 2009 Dreambrother Ltd
Live at Angkor Wat 2011 iTunes
B3 2012 Vertigo Records
Life's What You Make It 2016 Elevator Lady Ltd

Recompilatorios

[editar | editar a fonte]